Bos aires ten unha gaita Bos aires ten unha gaita Sobre do Río Sobre do Río da Prata ¡Triste Ramón de Sismundi! Aló, na rúa Esmeralda, Basoira que te basoira Polvo déstantes e caixas. ¡Triste Ramón de Sismundi! Aló, na rúa Esmeralda, Basoira que te basoira Polvo déstantes e caixas. Ao longo das rúas infindas Os galegos paseiaban Soñando un val imposíbel Na verde riba da pampa. ¡Triste Ramón de Sismundi! Sinteu a muiñeira d´ágoa Mentres sete bois de lúa Pacían na súa lembranza. ¡Triste Ramón de Sismundi! Sinteu a muiñeira d´ágoa Mentres sete bois de lúa Pacían na súa lembranza. Foise pra veira do río, Veira do Río da Prata Sauces e cabalos núos Creban o vidro das ágoas. Non atopou o xemido Malencónico da gaita, Non viu o inmenso gaiteiro Coa frolida dálas: ¡Triste Ramón de Sismundi, Veira do Río da Prata, Viu na tarde amortecida Bermello muro de lama. ¡Triste Ramón de Sismundi, Veira do Río da Prata, Viu na tarde amortecida Bermello muro de lama. ¡Triste Ramón de Sismundi! Aló, na rúa Esmeralda, Basoira que te basoira Polvo déstantes e caixas. ¡Triste Ramón de Sismundi! Aló, na rúa Esmeralda, Basoira que te basoira Polvo déstantes e caixas. Polvo déstantes e caixas. Polvo déstantes e caixas.