[00:18.70]hai un rumor que move o vento no ar [00:25.30]que encolle a ialma cando o sintes [00:30.13]hai un rumor que sabe a terra e a sal [00:38.6]que aínda ten voz na que habitar [00:44.84]e algún rapaz teimando por preguntar [00:51.29]descubrirá que hai mil historias [00:56.83]nos ollos calmos de quen soubo gardar ecos do alén [01:10.81]na súa voz [01:16.77]está por destecer [01:24.18]en cada frase un cantar [01:29.83]do que xa foi, do que ha de ser [01:37.66]na súa voz [01:44.32]quedou sen esquecer [01:51.78]do tempo un maino alalá [01:57.89]na súa voz [02:12.52]non hai silencios si te vexo tentar [02:18.59]coller na man o mundo enteiro [02:24.81]e así comenzan no teu berce a nevar [02:31.14]as verbas que deixa un ronsel [02:39.18]antigas lendas da montaña e do mar [02:44.69]e contos nados na lareira [02:50.71]van debuxando frente a ti, devagar [02:57.17]ecos do alén [03:03.59]na túa voz [03:09.92]a luz ha se prender [03:17.17]mostrando as sombras que fan [03:23.21]saber que hai máis do que outros ven [03:31.13]na túa voz [03:37.76]vieiros ancestrais [03:45.82]terán alento, meu ben [03:52.5]na túa voz